O BNG apoia as reivindicacións dos veciños de Corrubedo pola falla de médico

RIBEIRA> O BNG recolle o malestar da veciñanza de Corrubedo pola falla de médico. Os nacionalistas temen que os veciños desta parroquia poidan vivir a mesma situación que padecían hai uns meses en Palmeira.

Esta situación está a provocar, segundo os nacionalistas, unha merma na calidade asistencial no centro de saúde de Ribeira, a onde teñen que acudir actualmente os veciños de Corrubedo que queiran ser atendidos, o que xa está a provocar unha situación de ‘colapso’.

Ante esta situación xa avanzou que apoiará á veciñanza desta parroquia na súa lexítima reivindicación, rexistrando iniciativas no Parlamento e no Concello para esixir que a Xunta cubra o 100% as vacantes de persoal sanitario que existen, así como as baixas e vacacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí