O alcalde de Ribeira demanda un novo estudo para avaliar a reapertura da duna de Corrubedo

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira solicitará á Xunta un novo estudo sobre a duna de Corrubedo para adoptar novas medidas de conservación. A constante perda de area durante os últimos anos evidencia, segundo Manuel Ruíz, a ineficacia das políticas de protección desenvolvidas ata o momento.

Un recente estudo sobre o estado da duna de Corrubedo revela a gran perda de áridos do conxunto natural que ó longo dos últimos anos perdeu ó redor de 350 mil toneladas de área e cinco metros de altura. Para o alcalde, esta situación pon de manifestó que as medidas adoptadas en 1993, ano no que se prohibiu o acceso ó conxunto dunar non tiveron o efecto agardado.

Por esta razón, demanda á Consellería de Medio Ambiente que realice un novo estudo para propoñer novas medidas que promovan a mellor conservación da duna garantindo sempre a máxima protección.

Manuel Ruíz non descarta a posibilidade de reabrir a duna ó público, aínda que con control de acceso e visitas limitadas, para que ribeirenses e visitantes volvan poder disfrutar dun dos tesouros naturais de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí