A ludoteca da FANPAS visita a Deputación

Pontevedra> Os pequenos que participan nas ludotecas organizadas pola FANPA en Pontevedra visitaron esta mañá á Deputación. Alí foron recibidos pola deputada de Xuventude, Digna Rivas, quen se encargou de darlle un agasallo a cada un destes nenos. Os pequenos de entre 3-5 anos que neste verán están asistindo ás ludotecas que organizan pola FANPA en Pontevedra visitaron nesta xornada a Deputación de Pontevedra. Unha visita especial, e un verán divertido o que están pasando estes cativos. Un verán, onde grazas a estas ludotecas, fan moitísimas actividades. E os pequenos están encantados con todas elas. O mellor da mañá… o agasallo que levaron por parte da Deputación, un estuche con cores e un libro dos Bolechas.