Representantes sindicais denuncian que o diálogo coa xerencia segue sendo ‘inexistente’

PONTEVEDRA> Ás portas do centro de saúde da Parda concentráronse esta mañá os representantes sindicais. Denuncian que o diálogo coa xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue a ser inexistente, aplicándose unha política de feitos consumados. Ademais, están á espera de que a xerencia fixe unha data para a reunión que solicitaron o pasado día 10 de febreiro.

Os represententes sindicais volveron concentrarse hoxe en Pontevedra. Nova mobilización, pero mesmas reivindicacións: insisten na necesidade de que a xerencia da área sanitaria desbloquee a situación e que deixe de aplicar unha política d efeitos consumados.

A ruptura entre as partes é total dende o pasado 21 de xaneiro, cando os representantes sindicais abandonaron unha comisión ó entender que a dirección bloqueaba a información. Agora, piden diálogo, á espera de que a xerencia fixe unha data para a reunión que solicitaron a semana pasada.

E entre os problemas que insisten en poñer sobre a mesa: a situación dos PAC ou problemas coas quendas ou os festivos.

E advirrten que continuarán coas protestas ata que sexan recibidos pola xerencia e pola dirección de recursos humanos do Sergas.