A seguranza viaria centra o foco de atención do pleno do concello

Pontevedra> Pleno ordinario do concello de Pontevedra con presenza de membros da Plataforma o rural existe no Teatro Principal. Os veciños demandan que sexan escoitados, o Goberno Local di que realiza un gran investimento nestes espazos de Pontevedra e a oposición criticou duramente a acción do Goberno nesta e noutras materias tildandoo de estar nun continua parálise administrativa. Pleno movido no seu comezo o desta mañá en Pontevedra. O veciños da plataforma do rural estiveron presentes no primeiro punto da orde do día onde se solicitaba unha mellora na seguranza viaria da PO-223. Unha postura que apoiaron dende as filas socialistas Unha moción que criticaron duramente dende o grupo Marea e PP, cren dende estes partidos que Pontevedra e o rural pontevedrés ten demandas máis importates que esta, pero e pese a isto se abstiveron na votación,. E dende Ciudadanos votaron en contra desta iniciativa do BNG ao considerar que hai outras maneiras de ganratir a seguridade a maiores dos lombos. Un pleno onde os veciños do rural amosaron as súas queixas, algo que incomodou un pouco ao alcalde. Finalmente os veciños marcharon a decisión propia non fixo falta que os botasen e esta proposición saíu adiante cos votos a favor do BNG e o PSOE.