Boiro e El Ciego promoven un encontro gastronómico en favor de AMICOS

    BOIRO> Boiro acollerá esta fin de semana o terceiro encontro cultural e gastronómico El Ciego. Trátase da visita dunha delegación deste municipio da Rioja Alavesa que organizarán unha degustación dos productos típicos da súa terra. Os fondos recadados irán destiandos íntegramente á asociación AMICOS. A peña ‘Os luns ó Sol’ de Boiro organiza dende hai seis anos este encontro bianual que ten por obxectivo intercambiar cultura e tradición entre dous pobos que viven do mar e da terra respectivamente. O mexillón de Boiro é o protagonista dos encontros realizados en El Ciego, mentres que o viño deste municipio da Rioja Alavesa é a estrela das degustacións que, como a de este sábado, se desenvolven na localidade barbanzá. Unha delegación composta dunhas trinta persoas, encabezada polo alcalde de El Cuego, desprazarase ata Boiro onde serán recibidos polo alcalde ás sete e media da tarde. O sábado realizarán unha ruta pola comarca para coñecer os seus principais atractivos. Unha promoción turística impagable. A partir das oito e media da tarde, a rúa peonil acollerá a degustación na que se repartirán unas setencentas racións de asado, composto de chuletiñas, panceta, chistorra, morcilla e paté, regado cun rioja. O prezo por cada ración será de tres euros que se destinarán íntegramente a AMICOS. Neste encontró colabora tamén a agrupación de música tradicional A Dorniña de Abanqueiro que ameizará a degustación así como varios bateeiros e empresas de Boiro, como JJ Chicolino.