Boiro Novo volve a reclamar unha taxa aos bancos polos caixeiros

BOIRO> Dende a formación sinalan que a pesar de que esta moción foi aprobada por unanimidade no seu día pola corporación municipal, segue sen aplicarse.

Segundo Boiro Novo non é a única moción aprobada pola corporación municipal que non cgega a aplicarse. É máis. Dende a formación apuntan a que é unha práctica bastante habitual do equipo de goberno. Agora, a piques de rematar a actual lexislatura, pídenlle novamente ó Concello a aplicación dunha taxa as entidades bancarias que operen no municipio para que paguen polos caixeiros automáticos que ocupan parte da vía pública.

Segundo Boiro Novo son moitos concellos os que xa aplican esta taxa ós bancos.

Comments are closed.