A rúa Cruz Vermella contará cunha praza peonil

Pontevedra> O concello de Pontevedra presentou esta mañá a remodelación da Rúa Cruz Vermella. Uns traballos que contarán cun investimento de un millón 400 mil euros e 10 meses de prazo de execución. Unha reforma que prevé a creación dunha praza entre Álvaro Cunqueiro e Padre Gaite. O concello de Pontevedra xa ten listo o proxecto de reforma da rúa Cruz Vermella, uns traballos que comezarán previsiblemente neste 2017 e que contarán cunha inversión de 1 millón 400 mil euros e 10 meses de prazo de execución. Unha das grandes novidades destes traballos é a creación dunha nova praza peonil entre Álvaro Cunqueiro e Padre Gaite. Unha reforma que comezará na Praza da Castaña, entre este punto e álvaro Cunqueiro daráse continuidade estética ao primeiro tramo xa reformado. A zona a reformar contará con 33 árbores. O proxecto xa está a disposición dos veciños para que o poidan ver e engadir algunha recomendación e será no mes de setembro cando manterán concello e veciños unha asamblea no barrio para pechar de xeito definitivo esta remodelación da rúa Cruz Vermella.