Pontevedra> Os funcionarios municipais de Comisóns Obreiras e Afumpo convocaron nesta xornada unha nova mobilización ás portas do concello. O motivo, porque entenden que está rota a negociación colectiva co Concello de Pontevedra. Dende estes sindicatos consideran que é necesario sacar aos traballadores á rúa para conseguir un acordo xusto e razoable.
O funcionarios do concello de Pontevedra dos sindicatos Afumpo e Comisións Obreiras manifestáronse hoxe ás portas do concello para demandar que se retome a negociación colectiva. Dende Comisións lamentaron nesta xornada que o BNG soamente se acorde dos traballadores o 1 de maio para ir detrás dunha pancarta.
Dende Afumpo reprocharon o inmobilismo do interlocutor asignado polo goberno local neste conflito laboral, a Vicente Legísima, do que din que soamente cala e non ten comunicación de ningún tipo.
Dende estes sindicatos continuarán coas súas mobilizacións ata que se teñan en conta as súas demandas, a vindeira cita será este venres 15 de xuño no Pleno Ordinario da Corporación Municipal.