Chega a mobilidade sostible O Salnés a través do glp

    VILAGARCÍA> A mobilidade sostible é unha realidade en O Salnés. Conscientes do avance da industria do automóbil neste eido Iberocar Gestoso e os responsables da revista especializada “Yo Taxi”, organizaron unha charla para o sector do taxi na que puideron expoñer os beneficios dos seus novos vehículos ecolóxicos, nun entorno inmellorable; o Pazo de Rubiáns. O Pazo de Rubiáns foi o lugar elixido para impartir a charla que organizou Iberocar Gestoso en colaboración coa revista “Yo Taxi”, na que explicaron ao sector do taxi as vantaxes do combustible ecolóxico e dos novos vehículos que utilizan este tipo de combustible. Os taxis ecolóxicos que se presentaron onte no Pazo de Rubiáns están adaptados a normativa esixida dende a Unión Europea e contan coa tarxeta ECO, que é un distintivo que se outorga aos vehículos máis respectuosos co medio ambiente. A marca Renault elixiu O Salnés para presentar este novo produto, que se verá reforzado nas vindeiras semanas coa apertura en Sanxenxo da gasolineira de autogas glp, que é o combustible que utilizan os novos vehículos da marca, e que dende onte xa coñecen os taxistas de Vilagarcía.