Poio leva o Nadal a todas as parroquias cunha ampla e variada programación

POIO> O Nadal chegará este ano a todas as parroquias de Poio. O concello prepara un programa con animación na rúa, concertos e moitas actividades nas que contarán coa colaboración de diferentes colectivos do municipio. Máis de 20 citas que se desenvolverá entre o 17 de decembro e o 5 de xaneiro de 2022.

O concello de Poio quere levar este Nadal a todas as parroquias.

Con este obxectivo, teñen deseñada unha programación ambiciosa. Entre o 17 de decembro e o 5 de xaneiro de 2022 haberá todo tipo de actividades. Unha das principais novidades será ‘Seica na Seca!”, que se desenvolverá nesta zona nunha gran carpa.

A carpa acollerá tamén esa fin de semana karts, quads eléctricos, hinchables, un concerto da Orquestra Marbella e un musical infantil de Nadal. Os trasnos encargaranse de animar o ambiente percorrendo as rúas a partires do día 18. Xa o 19 de decembro celebrarase a Papanoelada en moto, coa Asociación Rosa dos Ventos.

A visita do Apalpador da Deputación de Pontevedra o 27, os obradoiros infantís ou as Badaladas de San Martiño o día 30, son outras das propostas do Nadal en Poio.

As actividades seguirán no arranque do 2022. O día 2 a sede da comunidade de montes Rega dos Agros de Combarro será o escenario do Baile de Aninovo e o día 5 os Reis Magos percorrerán o concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí