Poio aumenta os seus orzamentos para 2016 ata os 11 millóns de euros, medio millón máis que en 2015

POIO> Poio fai públicos os seus orzamentos para o 2016. Con algo máis de 11 millóns de euros o grupo de goberno quixo destacar a tendencia de crecemento que se mantivo durante os últimos cinco anos e a súa aposta pola rebaixa da débeda e da presión fiscal.

 

Poio presentaba hoxe os seus orzamentos para o novo ano coa satisfacción de aumentar lixeiramente a contía en medio millón de euros con respecto ao ano pasado, chegando así aos 11.100.000.

O edil de facenda lembrou que nos últimos 7 anos, só se revisaron as taxas en tres e nos outros incluso se rebaixaron.

No apartado de gastos para 2016 destínanse 3’5 millóns de euros ao persoal que aumentará lixeiramente os seus salarios e cos que se crearán dúas prazas de administrativos, unha de encargado xeral e outra de tesoureiro.

Aumenta así mesmo a contía dedicada aos programas de emerxencia social que aumentan nun 40%. Os investimentos farano nun 12%.

Só unha partida de case 28.000 euros para a modificación do PXOM se podería considerar finalista así como os 31.000 euros dos proxectos de recuperación de hortas e mar do plan histórico de Combarro e os 10.000 que se destinarán a creación dunha administración electrónica na páxina web do concello.

Dende o consistorio amosáronse satisfeitos pola redución da débeda que manteñen dende o ano 2009.

No apartado de ingresos do concello está prevista unha rebaixa do IBI que se reduce ao 0’47%, o imposto de plusvalía tamén se reduce nun 3% no tipo xeral e nas transmisións derivadas dunha herdanza e con vivenda habitual ten unha bonificación do 95%.

O luns terá lugar unha comisión extraordinaria de facenda e está previsto que os orzamentos sexan aprobados no pleno ordinario do próximo martes.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/19/orzamentos_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/19/orzamentos_poio.mp4{/flowplayer}