4 nenos saharauís desfrutan en Pontevedra das Vacacións en Paz

Pontevedra> 315 rapaces do Sáhara participan neste verán no programa Vacacións en Paz en toda Galicia. Deles, 4 están no concello de Pontevedra e esta mañá foron recibidos polo alcalde da cidade. A piscina e a praia e o que máis lles gusta da nosa terra, algo do que poderán desfrutar ata o 7 de setembro, nesa xornada toca regreso aos campamentos de refuxiados do Sáhara. Jadana, Enguía e Salek son tres dos catro nenos saharauís que neste verán están desfrutando do programa vacacións en Paz no concello de Pontevedra. Un programa importante por moitos motivos entre eles como non o control sanitario que lle realizan a cada un destes pequenos. Jovana é unha das mulleres que este ano decidiron por primeira vez participar no programa Vacacións en Paz, unha experiencia moi positiva é por iso que anima a todo o mundo a participar na mesma. E os pequenos encantados, o que máis lles gusta da nosa terra é a piscina e a praia. TOTAIS Ata o 7 de setembro estes pequenos e o resto dos 311 que hai na nosa comunidade desfrutarán desta experiencia enriquecedora para eles e as súas familias galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí