O programa Mentor axuda a máis de 400 mozos en Galicia

Pontevedra> O vicepresidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Política Social visitaron nesta xornada un dos pisos do tutelados que subvenciona a Xunta. Trátase do programa Mentor que ten como obxectivo axudar a mozos, de entre 16 a 21 anos, que están en risco de exclusión social. O programa Mentor axuda a preto de 400 mozos en Galicia. Tratase dunha iniciativa subvencionada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo que ten como obxectivo axudar a mozos en risco de exclusión social. En total en Galicia contan con 9 vivendas destas características, 3 na provincia de Pontevedra, con este programa os mozos de entre 16 a 21 anos adquirirán unha maior capacidade para ser autónomos e independentes. Un programa que apoian e defenden dende a Xunta de Galicia. Os mozos están dentro deste programa Mentor unha media de entre 9 a 12 meses e tal e como nos dixo esta mañá o seu director preto do 50 por cento atopan traballo.