O Concello de Pontevedra investirá case 6 millóns de euros na reforma da praza de Barcelos

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra conta xa co proxecto básico para a reforma da praza de Barcelos. Unha actuación na que o goberno local investirá preto de 5,8 millóns de euros. A intención é comezar as obras este mesmo ano.

5,8 millóns de euros, esa é a cantidade que o Concello de Pontevedra investirá nesta actuación. O goberno local dispón xa do proxecto básico da praza de Barcelos e a súa intención é comezar as obras este mesmo ano.

O Concello multiplicará os espazos de xogo e de lecer para os cativos e aumentarase tamén a área deportiva e as zonas verdes. Outro dos grandes cambios desta reforma é este. O goberno local cambiará os accesos ao aparcadoiro por un deseño máis contemporáneo.

En canto ao tráfico, a praza de Barcelos quedará cun único carril con entrada dende a rúa Perfecto Feijoo e saída cara Cobián Roffignac. Ademais, ampliaranse todas as beirarrúas e mudarase o pavimento da praza.

Nas vindeiras semanas, o Concello comezará o proceso de participación para dar a coñecer este proxecto a toda a veciñanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí