A Tenda da sétima feira chega a Pontevedra ata finais de agosto

Pontevedra> 20 establecementos conforman esta Tenda en Pontevedra. Un espazo onde terán a oportunidade de realizar vendas, ou de simplemente darse a coñecer. Para os artesáns, artistas e comerciantes que forman parte desta iniciativa é un luxo poder lucis neste punto da cidade os seus produtos. Cerámica, coiro, patchwork, xoias pero sobre todo moito deseño é o que poderemos atoparnos nesta Tenda. Un establecemento onde participan 20 stands, entre os que se atopan 3 comercios locais e 10 deseñadores. Un espazo onde nos podemos atopar de todo un pouco… Para estes comerciantes e deseñadores é un luxo poder formar parte desta iniciativa. Así que xa o saben ata o 7 de setembro en horario de 11:30 a 14:30 e de 19:00 a 22:00 poden desfrutar desta Tenda en Pontevedra.