PONTEVEDRA> A zona do Gafos, declarada recentemente Espazo Natural de Interese Local, é o lugar elixido para celebrar, este domingo, unha ruta de sendeirismo. O roteiro será de 11 quilómetros cun percorrido circular. Tampouco faltarán os consellos saudables por parte de nutricionistas e fisioterapeutas.
Esta zona do Gafos, declarada recentemente Espazo Natural de Interese Local, albergará este domingo unha ruta de sendeirismo co obxectivo de fomentar a vida saudable entre os veciños.
No roteiro, ademais, haberá diferentes charlas sobre saúde.
A ruta é de 11 quilómetros e ten un percorrido circular con dificultade baixa. A saída será ás 10.30 horas dende o albergue de peregrinos de Pontevedra.











