PONTEVEDRA> As familias con dereito ó bono social eléctrico que subvenciona o 40% do recibo da luz poden solicitar unha axuda complementaria da Xunta dea ata o 50% nalgúns casos. Se a isto sumamos un 10 % que asumirían as propias compañías, os fogares galegos con “pobreza enerxética” poderían deixar de pagar o 100% da factura eléctrica.
As familias con baixos ingresos poderán beneficiarse dunha axuda autonómica que complementa o bono social eléctrico deseñado polo goberno central. Deste xeito, os fogares máis vulnerables poderían chegar a non pagar nada pola luz.
Son considerados consumidores vulnerables as familias numerosas, os pensionistas con prestacións mínimas e os fogares con rendas moi baixas. Os solicitantes teñen que presentar un informe dos servizos sociais que acredite a súa situación. Unha vez concedida a axuda, o desconto faise directamente na factura da suministradora.
Para informar sobre estas axudas, a Consellería de Economía está a realizar encontros naquelas ONGs que traballan con colectivos vulnerables.
Na actualidade xa están tramitadas unhas cincocentas axudas.