Pontevedra> O PP de Pontevedra critica duramente o sistema de compost posto en marcha pola Deputación. Ángel Moldes di que despois de tres anos de traballo, xa se pode falar do fracaso desta iniciativa na que levan invertido, dende a Administración provincial, 5 millóns de euros.
Dende as filas do PP Provincial fixeron nesta xornada unha análise do Plan Revitaliza, o buque insignia do Goberno Bipartito. Ángel Moldes dixo esta mañá coas datos sobre a mesa, que o aumento nas bolsas grises do lixo nos concellos que forman parte deste plan deixa patente que o composte é un fracaso para a provincia.
Dende as filas do PP lembraron que o Goberno Bipartito leva investido máis de 5 millóns de euros neste plan, un mal investimento segundo Ángel Moldes.
O que quere deixar claro o deputado e voceiro do PP provincial é que o seu partido non está, nin moito menos en contra do compost, pero sí en contra do despilfarro ante un proxecto que non ten éxito na actualidade.
Con estes datos sobre a mesa Moldes considera que o Goberno Bipartido debe pararse a reflexionar, deixar de investir tanto neste Plan e reunirse e analizar a situación cos alcaldes dos concellos da provincia.