As notas do mellor jazz volveron resoar en Pontevedra

PONTEVEDRA> O Festival Internacional de Jazz e Blues despídese onte de Pontevedra. A voz do cantante e compositor norteamericano Gregory Porter dará por finalizada esta multitudinaria edición, despois dun intenso programa de seis días para repasar o panorama deste estilo musical. Durante seis días, a Zona Vella de Pontevedra resoou coas notas e as voces dos mellores intérpretes de jazz e blues do momento. A vila acolleu por vixésimo quinto ano consecutivo, o seu Festival Internacional dedicado a esta música. Todas as actuacións conseguiron un importante éxito de público, ateigando as prazas pontevedresas. Unha resposta de público que anima, ano tras ano aos seus organizadores. Con 25 edicións ás súas costas, o Festival está máis que consolidado, e consegue atraer un público do máis variado. Profesionais da música, afeccionados a este estilo e incluso camiñantes que se senten atraídos polos espectáculos. Hoxe o cantante e compositor norteamericano Gregory Porter será o encargado de poñer o broche de ouro a esta edición. Será a partires das 10 e media da noite na praza da Ferrería.