Dezaoito nadadores atravesarán a ría de Arousa cun fin solidario

    RIBEIRA> Trece quilómetros de natación solidaria que equivalen a sete millas náuticas. Esta é a distancia que percorrerán dezaoito deportistas este sábado entre O Grove e Ribeira cun fin solidario. Entre eles, Sofía Suárez, a nadadora máis nova que se atreve con esta travesía. Sofía tomou boa nota dos consellos de José Samuel Hachero que completou a primeira edición do Arousaman en 2015. Non renderse é a clave tanto no deporte como na vida. Ademais de recadar fondos para a asociación Sarela, a través da venda de material deportivo, esta proba ten por obxectivo visibilizar a loita diaria que afrontan as persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias. Foi Manuel Martínez, aqueixado por un neurinoma, o impulsor desta proba que, grazas ó seu irmán, e á implicación das administración e os patrocinadores alcanza xa a súa segunda edición. A asociación Sarela fundouse no ano 2000 para reivindicar os dereitos das persoas con daño cerebral adquirido. Na actualidade, conta cunha residencia de día con cincuenta prazas e ofrece tratamentos externos para todo tipo de pacientes. Os interesados en colaborar con esta entidades en ánimo de lucro teñen á súa disposición unha fila cero ou a posibilidade de facerse socios colaboradores. Poden obter máis información a través da web www.sarela.org