BOIRO> O concello de Boiro entregou esta pasada fin de semana os Distintivos Benestar Social. Os premios que concede a concellería de Política Social teñen coma finalidade recoñecer e promover a labor social e de voluntariado de persoas e entidades locais. Nesta segunda edición os galardoados foron Ambar, Cruz Vermella, a Clínica Dental Rebeca Ozores, o Club de Remo Cabo de Cruz e Gudalue Tubío, directora de Cáritas Boiro.
Un bo número de persoas asistiu o pasado venres pola noite ó acto de entrega da dos Distintivos Benestar Social, que outorga a concellería de Política Social. O acto, que tivo lugar no hall da propia casa consistorial, estivo presidido polo alcalde, José Ramón Romero, e contou coa presenza, de entre outras autoridades, o director xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, e a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García. –insertos
En total este ano entregáronse un total de seis galardóns. Un máis que o ano pasado. Un a un, os premiados foron recollendo o seu distintivos. Na categoría de Volunatariado, foi a parar ós voluntarios do programa de apoio educativo da Cruz Vermella de Boiro. Un recoñecemento á labor que realizan nas aulas de ensino para familias en risco de exclusión. Na categoría de Entidadade Empresarial o premio foi para a Clínica Dental Rebeca Ozores. Na categoría de Entidade Social o distintivo recaeu na Asociación AMBAR.. O Club de Remo Cabo de Cruz foi merecedor este ano do premio á Inclusión.
Na categoría de Méritos Extraordinarios o distintivo foi para Guadalupe Tubío, directora de Cáritas Boiro, polo seu traballo de coordinación e colaboración cos Servizos Sociais municipais. Na categoría de Superación o premio foi a parar ó grupo de voluntariado xuvenil Turbina.