O concello cumpre coas demandas dos veciños de Lamas e Andrés

    POBRA> O concello da Pobra está a piques de finalizar as obras de acondicionamento da urbanización Lamas e Andrés. Con esta actuación, que supuxo un investimento de cincuenta mil euros, o executivo dou cumprimento a unha vella demanda dos veciños que reclamaban a pavimentación dos vías e a dotación de espazos de lecer na zona Rematadas as actuacións de asfaltado nos viais, procederase agora ó nivelado dos sumidoiros e pintado das rías. A continuación, a brigada de obras acometerá os labores de acondicionamento das zonas verdes e da pista deportiva, á que se dotará dun novo peche perimetral.