Jordi Aragonés padriño do 3×3 Carneiro o Espeto

    MORAÑA> Co remate de xullo chega a Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, e con esta celebración faino tamén o Torneo 3×3 de baloncesto que vai pola súa décimo sétima edición. Esta mañá acudimos a Moraña onde a presentación contou cun padriño de auténtico luxo… vexan… O 3×3 Carneiro o Espeto de Moraña aínda terá que esperar un ano máis para ser maior de idade. A pesar diso, a organización buscou para esta décimo sétima edición un padriño de luxo; Jordi Aragonés, natural de Vilagarcía, e que na actualidade é o fisioterapeuta da Selección Española Feminina de Baloncesto, recentemente proclamada como Campioa de Europa. Aragonés mostrouse divertido e distendido nunha pequena entrevista que lle fixeron ao longo do torneo. A Asociación Deportiva e Cultural Espeto está a organizar de novo o torneo 3×3, que este ano volverá a bater todos os récords, concentrando nunhas 9 horas de basket, uns 80 partidos, con 160 participantes e 32 equipos. Un evento deportivo que nada ten que envexar a calquera outro, e que axuda aos máis pequenos a familiarizarse co deporte. A competición, puntuable para o Circuíto Galego de 3×3, terá lugar o venres a partir das 12h no polideportivo municipal de Moraña. Ademais de moito deporte, esta cita inclúe tamén unha serie de actividades complementarias; concursos de triples, mates e 2Ball, ademais de un sorteo de material deportivo e unha comida de fraternidade.