A lonxa de Ribeira pecha o primeiro semestre do ano con récord de facturación

    RIBEIRA> O primeiro semestre do ano deixa un balance máis que positivo na lonxa de Ribeira. Máis de catorce millóns de quilos descargados que se traduciron nunha facturación superior ós dezanove millóns de euros. Se o ano pasado, a lonxa de Ribeira pechou o exercicio cun record de facturación, o primeiro semestre de 2017 indica que vai polo mesmo camiño. Trece millóns setecentos noventa mil euros descargados cunha facturación de dezanove millóns e medio de euros, uns vinte mil euros máis que no mesmo periodo do ano anterior. Por especies destaca o bo comportamento dos crustáceos aínda que a caída de noluscos no que respecta a mariscos. En canto a peixe, diminuíion algunas especies como a xarda ou o xurelo xa que seis barcos que adoitaban descargar no porto ribeirense están a operar na Coruña. Aínda así, compénsanse con outras especies xa que a rula ribeirense segue atraendo a moitas embarcacións de toda a costa galega e portuguesa. Destaca tamén o bo comportamento da sardiña e da pescada que están a contribuír a estes bos resultados. Ó respecto da competencia que está a suponer a lonxa da Coruña, o administrador de Ribeira agarda que a apertura da nova lonxa sexa un factor de atracción de descargas. Con este fin, apela ó consenso para acordar unas taxas beneficiosas tanto para a empresa administradora como para os usuarios. Aínda que de momento non hai data oficial, a apertura da nova lonxa é inminente. A segunda semana de agosto podería comezar a funcionar a nova instalación.