BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro volve demandar a mellora do paseo do Río Breiro. Hai un ano, o pleno aprobaba unha moción para o acondicionamento do sendeiro que se atopa en mal estado. Sen embargo, a día de hoxe segue igual.
As queixas veciñais recibidas levaron a IC Boiro a volver facerse eco do mal estado en que se atopan o paseo fluvial do Río Breiro, que conecta a avenida da Constiución con Barraña. Denuncian que o sendeiro presenta un firme moi deteriorado, cheo de pedras que dificultan o tránsito.
Hai xa un ano, Iniciativa Cidadá de Boiro levaba a pleno unha moción ó respecto que foi aprobada por maioría. Sen embargo, denuncian que nada se ten feito dende entón para evitar o deterioro motivado por unha total falla de mantemento.