Fortes colle o relevo de Sieira na Asociación Amigos de Pontevedra

Pontevedra> O popular xornalista Xabier Fortes toma o relevo de Fernández Sieira como novo presidente da Asociación de Amigos de Pontevedra. Unha entidade que dirixiu durante 36 anos Luis Fernández Sieiera que aos seus 88 anos decide deixar paso as novas xeracións. Esta mañá deron a coñecer os homenaxeados deste ano. Despois de 36 anos realizando as descricións dos premiados anuais dos Amigos de Pontevedra José Luis Fernández Sieira deixa no seu cargo ao xonalista Xabier Fortes. Fortes foi o encargado de comunicar este xoves os premiados deste ano. Os premiados son o adestrador do teucro, Quique Domínguez, a restauradora Hélene Fontoira, a investigadora farmacéutica Ángela María Martínez Valverde, a etnóloga Paula Fandiño, o histórico xogador do Pontevedra Tito Estévez, o xefe do laboratorio do Hospital Domínguez Quirón Saúde Miguel Ángel Vázquez e a empresa SETGA. Todos os premiados foron elixidos por unanimidade do xurado e recibirán o seu galardón o sábado da Peregrina, o 12 de agosto, na tradicional comida no Pazo da Cultura.