Veciños de Mourente entregan 400 sinaturas para reclamar o soterramento de toda a liña de alta tensión

PONTEVEDRA> Veciños da parroquia de Mourente reclaman o soterramento de toda a liña de alta tensión que atravesa a avenida de Lugo. Esta mañá entregaron no rexistro do concello de Pontevedra case 400 sinaturas para trasladar esta demanda a Unión Fenosa Distribución, responsable desta intervención. Os veciños denuncian que, a pesares de que a empresa ten previsto soterrar a maioría dos postes, non actuará nos catro primeiros.

Que Unión Fenosa Distribución soterre toda a liña de alta tensión que atravesa a Avenida de Lugo, en Pontevedra. Esta é a demanda dos veciños de Mourente, que hoxe presentaron case 400 sinaturas no concello.

Estas catro torres están nun espazo de tan só 300 metros. Por iso os veciños non comprenden a orixe da negativa da empresa.

Os veciños non agochan a súa preocupación. Non só polo que estas torretas supoñen a nivel paisaxístico. Tamén polas molestias que xeran aos que viven preto delas.

Antes da entrega das sinaturas, os veciños mantiveron unha reunión co concelleiro responsable da parroquia de Mourente, Alberto Oubiña, que lles trasladou o apoio do goberno local ás súas reclamacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí