Pontevedra prepárase para outro gran evento deportivo, o Europeo Júnior de Loitas Olímpicas

PONTEVEDRA> Pontevedra volverá a converterse na capital do deporte. Nesta ocasión co Europeo Júnior de Loitas Olímpicas que se desenvolverá entre o 3 e o 9 de xuño. No evento participarán 30 deportistas españois, 3 deles galegos.

Máis de 1.000 deportistas de 37 países distintos daranse cita a vindeira semana en Pontevedra. O farán para participar no Europeo Júnior de Loitas Olímpicas. Un evento que volve a situar á cidade no mapa internacional.

O campionato dividirase en tres modalidades con 10 pesos en cada unha. Loita grecorromana, loita feminina e loita libre olímpica. Os representantes das diferentes administracións están convencidos de que este evento traerá a Pontevedra moito máis que deporte.

O evento desenvolverase no Pavillón Municipal dos Deportes en horario de mañá de 11:30 a 14:30, e polas tardes de 17:30 a 20:30. Os deportistas que consigan situarse entre as 8 primeiras prazas, poderán clasificarse para o próximo Mundial Júnior de Estonia, así que estade ben atentos porque os galegos, tanto Nerea Pampín como Santiago Sánchez, teñen claro cal é o seu obxectivo…

Comments are closed.