SANXENXO> O Hotel Carlos I Silgar promove dende hai 18 edicións a cita deportiva “Ruta de Las Islas”, coñecida como o Trofeo Carlos I Silgar. Un evento que atraerá máis de 40 embarcacións a Sanxenxo entre os días 4 e 6 de agosto. A 18 edición do Trofeo Carlos I Silgar volve a ser Campionato Galego de Cruceiros ORC, Unha concesión outorgada pola Federación Galega de Vela. Un trofeo que durará dende o venres 4 ao 6 de agosto. Durante os tres días o Comité de Competición decidirá en última instancia o trazado final de cada día segundo o estado da mar e a intensidade do vento. Por todo iso hai deseñadas unhas 16 rutas alternativas. Sinalar tamén que nesta regata distinguirase en 5 decisións tendo en conta o “rating” de cada veleiro. Aproveitando o contexto do acto, o director do Hotel Carlos I Silgar anunciou que o establecemento recibiu unha certificación de calidade que se basa no turismo deportivo e que está avalada pola Asociación Española do Deporte. Sen dúbida un novo aliciente para que todos aqueles que gusten dos deportes náuticos visiten a vila de Sanxenxo durante calquera mes do ano.
Inicio Salnés - Caldas