A Xunta amplía incorpora aos centros de día nas axudas de respiro familiar

SANXENXO> As axudas de respiro familiar da Xunta incorporan nesta nova convocatoria aos centros de día. A administración autonómica destina 800 mil euros a estas compensacións que axudan ás familias a coidar dos seus maiores. Ao incluír aos centros de día tamén permite que os coidadores habituais teñan descansos.

O centro de día de Sanxenxo realizou este luns unha xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer de primeira man como é o día a día dos seus maiores. Á xornada asistiron a conselleira de políticas sociais e o alcalde da vila. Ambos puxeron en valor o bo estado e bo funcionamento do centro de Sanxenxo que está preto de cumprir 20 anos.

Aproveitando a visita, a conselleira lembrou que aínda está aberto prazo para que as familias con persoas maiores ao seu cargo se sumen ás axudas de respiro familiar.

Nesta convocatoria ademais, a Xunta inclúe aos centros de día, o que permite que os coidadores tamén teñan descansos.

Tanto o alcalde como a conselleira anunciaron que continuarán traballando por mellorar o envellecemento activo dos seus maiores. Colaboración que pode pasar pola creación de cursos para aumentar o seus coñecementos cos dispositivos dixitais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí