A tecnoloxía e a hostalería centran os novos obradoiros da Mancomunidade de O Salnés

    CAMBADOS> A Mancomunidade de O Salnés xa ten todo a punto para comezar o “curso escolar”, por así dicilo… un ano máis a entidade ofertará os seus xa tradicionais obradoiros de emprego, para axudar aos parados a profesionalizarse de cara a obtención de un posto de traballo. Pero se queren saber máis non se perdan este vídeo. Uns 40 desempregados de O Salnés formarán parte dos dous últimos obradoiros de emprego aprobados e solicitados pola Mancomunidade de O Salnés. Un deles estará destinado a hostalería e o outro a xardinería e a xestión de redes. Cada un deles contará cuns 20 participantes por obradoiro, que a súa vez dividiranse en grupos de 10 segundo a formación que vaian a adquirir. Esta nova edición durará uns 9 meses e os participantes percibirán algo máis de 700 euros mensuais, equivalentes ao salario mínimo interprofesional. Outra das novidades de este ano, ten que ver con que os coñecementos adquiridos no Obradoiro de Hostalería de O Salnés, nesta ocasión equivalerán aos adquiridos nun FP de dous anos de duración. No caso do de hostalería poderán presentarse todas aquelas persoas que estén paradas e pertenzan a un dos noves concellos que conforman a Mancomunidade de O Salnés. No caso do Obradoiro de Xestión de Redes e Medioambiente, está indicado para veciños de Vilanova, Meis, Meaño e Ribadumia.