O concello impulsa ós emprendedores vilagarciáns

    O concello de Vilagarcía quere impulsar as ideas dos emprendedores do seu municipio, e farao a través dos primeiros Premios Emprende VGA. Unha nova acción que busca fomentar o emprendemento e a creación de emprego. Esta mañá presentouse no concello. Posto en marcha polo concello de Vilagarcía co obxectivo de impulsar e premiar as iniciativas innovadoras e favorecer a visibilidade dos emprendedores, nacen os primeiros Premios Emprende VGA, que esta mañá se presentaron no concello. O concelleiro de Promoción Económica comezou o acto lembrando os datos que avalan á corporación no seu compromiso cos emprendedores. Un paso máis neste apoio ó emprendemento son estes primeiros premios ás iniciativas empresariais, que constarán de 3 categorías: Premio á Mellor iniciativa, Premio á actividade comercial máis innovadora, e Premio ó mellor proxecto relacionado co mar. Cada un dos premiados de cada categoría, conseguirán os seguintes premios. Uns premios de gran relevancia, porque tal e como dixo a Coordinadora de Proxectos do Coworking Dalle que Dalle, que colabora na iniciativa, o contar cun mentor á hora de emprender un negocio, é fundamental. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 11 de agosto. O día 23 o xurado profesional fará pública a listaxe dos proxectos finalistas, e xa o 29 de agosto, tras unha presentación oral por parte dos finalistas, serán elixidos os 3 proxectos gañadores. O único requisito, ser emprendedor vilagarciá, cunha iniciativa recente ou a piques de poñerse en marcha.