A Xunta inviste 1,2 millóns de euros en mellorar a seguridade viaria na PO 504 en Sanxenxo

SANXENXO> A Xunta de Galicia inviste 1,2 millóns de euros en diferentes melloras da seguridade viaria na PO – 504. O obxectivo desta intervención é que a veciñanza poida desprazarse de Sanxenxo a Vilalonga a través dunhas beirarrúas amplas e seguras. A intervención tamén inclúe a construción dunha rotonda na zona da Vichona.

Que as persoas con mobilidade reducida poidan desprazarse de Vilalonga a Sanxenxo polas beirarrúas con total seguridade. Ese é o obxectivo dos dous proxectos de mellora da PO 504 que desenvolve a Xunta de Galicia na vila de Sanxenxo. A intervención ten un custo de 1,2 millóns de euros.

O primeiro dos proxectos ten un custo de 220 mil euros e nel se inclúe toda a mellora das beirarrúas da PO 504.

A outra das intervencións actuará en cinco tramos de dita estrada para realizar diferentes melloras na seguridade viaria. A principal será a construción dunha rotonda na zona da vichona.

As obras incluirán paradas de bus e pasos de peóns. A previsión é que se rematen antes do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí