“Paseantes” enche de música as rúas de Pontevedra

Pontevedra> Pontevedra acolle neste venres e mañá sábado unha nova edición de Paseantes. Unha iniciativa, organizada polo concello, e que ten como fin potenciar a música a través de diversos concertos en directo pola cidade ao longo de todo o día. Dende as 12 da mañá e ata as 22:30 poderán desfrutar deste Paseantes en numerosos puntos da cidade do Lérez. Se hai algunha protagonista das rúas de Pontevedra nestes días esa é a música. Unha música que enche de cor e son as prazas e rúas da cidade grazas a unha nova edición de Pasenates, unha actividade na que participan 14 grupo galegos, esta mañá tivermos a oportunidade de falar con algún deles quenes se amosaban encantados con esta iniciativa. E non eran os únicos, os pontevedreses e turistas estaban tamén encantados con esta nova edición de Paseantes na cidade. Mañá sábado terán a oportunidade de desfrutar da música en directo e de balde de Paseantes, dende as 12 de mañá que comeza no Mercado Municipal cun concerto de Iria Estévez e Gonzo Piñeiro, ata as dez e media da noite onde poderán desfrutar do directo de Woyza na Praza do Teucro.