Agora si… a primavera trompetera xa chegou…

Pontevedra> Os termómetros chegaron a marcar os 24 graos en Pontevedra nesta xornada, a primavera custoulle chegar pero parece que comeza a deixar os primeiros raios de sol, ansiados, por certo, pola cidadanía tras meses de choiva. O bo tempo nótase no ambiente, terrazas cheas, ganas de pasear e incluso de ir a praia, eses son algunhas das actividades que realizarán os veciños da Boa Vila con este tempo xa primaveral.

Se ao mal tempo boa cara ao bo tempo… boa cara tamén… a primavera chegou con moita forza e con moito desexo de sol por parte da cidadanía…

E ainda que os hai precavidos…

Do que non hai dúbida é que de alo menos ata este domingo o bo tempo e estas temperaturas primaverais nos continuarán acompañando. Os venres agárdase que o termómetro chegue aos 28 graos de máxima, temperatura xa de verán… Con este sol e ganas de actividades ao exterior os veciños da cidade xa teñen planificados os seus plans para estes días.

Iso si, o cambio de armario aínda non se atreven a realízalo…

Así que xa o saben a desfrutar deste tempo primaveral, do sol, das terrazas, dos paseos, do tempo seco. Segundo a previsión meteorolóxica o domingo virán as choivas, pero soamente durante esta xornada, para o luns xa volve o bo tempo. Así que vaian preparando todo, que parece que a primavera por fin chegou para quedarse.