Font demanda un modelo de isócronas para as emerxencias

Pontevedra> O deputado socialista López Font criticou duramente o mapa de emerxencias que onte lles presentou o vicepresidente da Xunta da nosa comunidade. Font di que se trata dunha encerrona que obriga ás deputacións galegas a asinar un papel onde nada se fala dun modelo de isócronas. Unha das peores reunión que tivo na súa vida, así comezou a súa intervención López Font, nunha rolda de prensa onde criticou duramente o encontro que onte mantivo o vicepresidente da Xunta de Galicia con todas as deputacións galegas. Font cree que o importante é analizar e mellorar o mapa de emerxencias de Galicia, porque o que non se pode permitir é non chegar a un incendio en menos de 20 minutos. Font dixo que Rueda evitou claramente un debate real, a reunión da comisión técnica é o cambio a un modelo de isócronas. Dende a Deputación apoian a creación dun parque comarcal que garanta a seguridade nas emerxencias da provincia.