Pontevedra despide un novembro gastronómico: Pontedetapas, Foro Think Tank e peche do GastroLab

PONTEVEDRA> A concellería de Turismo de Pontevedra, encabezada pola socialista Yoya Blanco, vén de despedir un mes de novembro cargado de iniciativas.

Unha delas, o Pontedetapas, volveu despois de dous anos de paro pola pandemia. Trátase dunha das actividades máis agardadas pola hostalería e pola veciñanza. O domingo 4 de decembro despedirá a edición deste 2022.

Entre o 26 e o 28 de novembro, o Gastroespazo acolleu unha nova cita: o Foro Think Tank. Unha primeira edición pensada na que en diferentes mesas redondas abordáronse cuestións como o emprendemento, a sostibilidade, ou o despercidio cero.

A última xornada do foro fíxose coincidir coa clausura da incubadora Capital GastroLab, entregando os premios aos dous proxectos gañadores: SpanishBox e O Río como Prato.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí