POIO> O candidato do BNG, Manuel Lourenzo, visitou esta mañá o Concello de Poio. O nacionalista achegouse ata Anafáns para reivindicar un novo centro de saúde no municipio. Lourenzo estivo acompañado do alcalde, Luciano Sobral, e doutros membros do goberno.
O BNG volve a poñer o foco nunha reivindicación histórica do Concello de Poio. Os nacionalistas esixen un novo centro de saúde para os veciños e denuncian a falta de entendemento coa Xunta de Galicia.
Os nacionalistas levan anos pedindo un novo centro de saúde neste Concello e aseguran que sempre se atoparon coa negativa por parte do Goberno de Feijoo. Unha situación que demostra, segundo Manuel Lourenzo, o desmantelamento sistemático, estruturado e ideolóxico do Partido Popular.
A crise do coronavirus será sen dúbida un dos piares nesta campaña electoral. Por iso, o BNG fai fincapé na importancia de apostar pola sanidade pública.