Unha cea benéfica para recadar fondos para Os Palleiros

PONTEVEDRA> Comeza a conta atrás para a tradicional cea benéfica da protectora Os Palleiros. A cita, que se celebrará o vindeiro 20 de xullo, serve cada ano para recadar fondos e afrontar, con un pouco máis de soltura, a época estival.

A época de verán é un dos peores momentos para a protectora dos Palleiros. Con máis de 100 cans ao seu cargo, buscan actividades coas que poidan mellorar, un pouquiño máis, a vida destes animais. Unha delas será a tradicional cea benéfica.

Como cada ano, o obxectivo principal desta cea é recadar fondos para os cans da protectora.

A cea, que se realizará no Restaurante La Brisa, de Lourido, o vindeiro 20 de xullo ten un prezo de 30 euros e as opcións gastronómicas son variadas.

Este establecemento, situado na rúa San José de Pontevedra, é un dos lugares onde podes mercar a túa entrada. Pero non é o único. Os tickets están tamén dispoñibles na no establecemento Perolas Menaje, en Marín, ou no Centro Veterinario Dogos de Monte Porreiro. Corre que voan.