Porto do Son pecha outra exitosa edición da Feira Celta

    PORTO DO SON> Bo balance da Feira Celta de Porto do Son que se desenvolveu durante a fin de semana. A que chuvia da primeira xornada, que obrigou a suspender algunha actividade como o espectáculo Lenda, deu unha tregua durante o sábado e sobre todo o domingo, cando se bateu o record de asistencia. A pesar da chuvia que desluciu a primeira xornada e mesmo obrigou a suspender algún espectáculo, a feira celta de Porto do Son pechouse cun enorme éxito de público. O domingo foi o día de maior afluencia de visitantes que se achegaron ó pasado celta do Son a través das numerosas actividades e espectáculos que se desenvolveron durante toda a xornada. O casco urbano converteuse nun gran mercadiño artesanal con animación de rúa e espectáculos itinerantes. As actuacións de gran formato foron as que xeraron maior expectación entre o público; entre eles Errantes a cargo de Troula Teatro ou o concerto Celta de Lurte que pechou a Feira.