O Rockin’ Vila chega a Vilanova o vindeiro 12 de agosto

    O festival de rock que se celebra en Vilanova de Arousa, chega este ano a súa cuarta edición. O Rocking Vila é como os bos viños, mellora cos anos e volta a vila de Valle Inclán os días 12 e 13 de agosto, para ofrecer o mellor rock en galego. A IV Edición do Rocking Vila volta a Vilanova de Arousa para encher a vila de rock do 12 ao 13 de agosto. Un evento que se celebrará de maneira simultánea coa festa gastronómica da vila de Valle Inclán, como xa se viña facendo nas súas primeiras edicións. The Locos, Medomedá ou Ruxe Ruxe son só algúns dos grupos que conforman o cartel de esta edición. Un evento que está copatrocinado polo concello de Vilanova e a Deputación de Pontevedra, e que sen dúbida ten un claro valor cultural ao promocionar a nosa lingua. Como unha das principais novidades, este ano haberá variacións en canto as localizacións. Así que xa saben, anoten na axenda que teñen unha cita en Vilanova os vindeiros 12 e 13 de agosto. As entradas teñen un custe de 10 euros, mercándoas de maneira anticipada e de 15 euros na billeteira do evento.