A Xunta dá un paso decisivo para a fin dos vertidos á ría na zona de Rego do Alcalde

VILANOVA> Avanza o proxecto do novo colector de augas residuais entre Vilanova e Cambados. A Xunta acaba de autorizar unha concesión para ocupar 1.300 metros cadrados de dominio público márítimo-terrestre. Un trámite posible grazas ao traspaso das competencias sobre o litoral ao goberno galego. O proxecto busca substituír a actual e obsoleta instalación para evitar verteduras ao mar. Unha actuación que conta cun orzamento de máis de 5 millóns de euros, dos que a administración galega asumirá o 80%. O restante correrá por conta dos concellos, que estudan agora posibles vías de financiamento.

O proxecto para a creación dun novo colector de augas residuais na zona de Rego do Alcalde, na contorna próxima ao límite entre os concellos de Vilanova e Cambados, acaba de superar un paso fundamental. A Xunta acaba de autorizar unha concesión por 30 anos para ocupar 1.300 metros cadrados de dominio público márítimo-terrestre para poder levar adiante esta actuación.  Un procedemento polo que se levaba agardando seis anos, pero que agora recibiu o impulso definitivo grazas ao traspaso das competencias sobre o litoral ao goberno galego.

Con esta actuación renovarase a tubaxe desta zona, que leva tempo provocando vertidos á ría.

Foi aí onde este proxecto se enrocou.

Agora, co proxecto listo dende o 2020 e tamén co beneplácito de Augas de Galicia, o proxecto poderíase adxudicar ao longo de 2027. Cun orzamento de máis de 5 millóns de euros, o goberno galego financiará o 20%, o restante os dous concellos implicados.

O novo colector irá soterrado en paralelo á liña de praia e á nova pasarela peonil de Rego do Alcalde, co obxectivo de conducir as augas residuais ata os sistemas de bombeo conectados coa EDAR de Tragove, en Cambados.