![]()
CAMBADOS> Leva por nome ‘Cambados Turismo Sostible’. Fomrará a 32 alumnos durante seis meses.
{flowplayer}images/salnes/ObradoiroEmpregoCambados_181212.flv{/flowplayer}
O obradoiro terá unha duración de seis meses e nel a Xunta inviste 282.000 euros para dar formación a 32 alumnos en cantería, carpintería e xardinería. As persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o salario mínimo interprofesional, 641,40 euros/mes.
Os alumnos centrarán as súas prácticas na reurbanización das rúas do casco histórico e na recuperación paisaxística e senda fluvial no río Umia. Revalorizarán o espazo público do centro histórico mediante a dotación de novo mobiliario urbano e a ocultación de contedores de lixo e restaurarán as fachadas de carpintería exterior e do contorno do museo na Casa do Pescador de Santo Tomé. Faranse tamén traballos nos xardíns públicos dos Olmos, entre outras actuacións. Un obradoiro, que segundo o alcalde, é moi positivo para Cambados por varios motivos.
Ademais do de Cambados, a Xunta celebra estes meses na provincia obadoiros de emprego nos concellos de Valga, Moraña, Vilagarcía e na mancomunidade do Salnés, amais de Tui e A Estrada.
Redacción Salnés










