Presentada en Rianxo a décimo oitava edición da Subida ó Castro Barbudo

    RIANXO> A proba, organizada pola peña ciclisturista Castro Barbudo, terá lugar este próximo domingo a partir das nove da mañá e será puntuable para o Open Galego na especialidade de maratón. Os afeccionados ó ciclismo terán unha cita este próximo domingo en Rianxo coa disputa da décimo oitava edición da Subida ó Castro Barbudo de BTT. Todo un clásico neste tipo de probas na comarca do barbanza. Organizada pola peña ciclisturista Castro Barbudo a cita terá este ano un aliciente máis, ó estar incluída no Open galego na especialidade de maratón. Dende o Concello, que colabora na organización desta cita, valoraron moi positivamente a proba A saída está prevista para as nove da mañá dende a Praza de Campo de Pazos en Taragoña. Na carreira prevese a participación duns 150 corredores sumando tódalas categorías que deberán dar dúas voltas ó circuíto, no caso da especialidade de maratón, duns 31 quilómetros de percorrido.