PONTEVEDRA> Pontevedra participará no deseño da estratexia europea para a renaturalización das cidades. A pontevedresa foi a única urbe española seleccionada pola Comisión Europea para formar parte do ‘Partnership Greening Cities’. A alianza busca definir as políticas e o financiamento necesario para o desenvolvemento de infraestruturas verdes e azuis nas cidades. Forman parte urbes como Roma, Lisboa ou Ultrech.
Pontevedra é a única cidade española que forma parte da ‘Partnership Greening Cities’. Trátase dunha alianza europea para a renaturalización das urbes.
Desta alianza forman parte outras sete cidades europeas, como Roma, Lisboa, Ultrecht ou Tampere. Tamén catorce entidades rexionais, nacionais e europeas, como o Banco Europeo de Investimentos.
O obxectivo é deseñar un Plan de Acción que será aprobado e adoptado pola Comisión Europea para o impulso das infraestruturas verdes e azuis no ámbito urbano. O horizonte temporal é de tres anos.
Segundo Puentes, isto permitirá a Pontevedra seguir sendo un referente a nivel mundial.
As reunións comezarán en xaneiro de 2023.