A Rías Baixas viviron o mellor mes de xullo dos últimos dez anos

Pontevedra> A provincia de Pontevedra ven de vivir o mellor mes de xullo, turísticamente falando, dos últimos 10 anos. Carmela Silva subliñou que a ocupación foi 12 puntos superior a do 2015. En total a provincia contou cun 84 por cento de ocupación no mes de xullo. A estimación de ocupación nas rías baixas era dun 77.2 e finalmente chegou no mes de xullo ao 84 por cento. A presidenta da deputación deu a coñecer esta mañá os datos turísticos que nos deixou o mes que acabamos de pasar, Carmela Silva subliñou que turísticamente se trata do mellor mes de xullo dos últimos 10 anos. Por comarcas Pontevedra contou cunha ocupación media do 90, 25 por cento e o Salnés do 87,35. O 85 por cento do turismo que chega nestas datas ás Rías Baixas é español, dos países estranxeiros os que máis nos visitan son franceses, portugueses, italianos, ingleses e alemáns. Aínda que a presidenta dixo nesta xornada que o sector vitivinícola tamén atrae a moito turismo norte americano. Silva dixo que as Rías Baixas están de moda pero á vez tamén lanzou unha mensaxe ao sector para seguir potenciando o turismo dende un punto de vista sostible, evintando grandes masificacións que traerían consigo unha resposta negativa por parte dos veciños.