A UXT enfróntase ao concello de Poio pola adxudicación do servizo de recollida de lixo

PONTEVEDRA> A adxudicación do servizo de recollida de lixo de Poio pon en garda á UXT. O sindicato sospeita da viabilidade das condicións ofertadas pola empresa gañadora do concurso público, a proposta que ofrece a maior cantidade de medios por case 100 mil euros menos que o resto das empresas presentadas. Unhas vantaxe para o concello que, segundo a UXT, acabarán repercutindo sobre as condicións laborais dos traballadores.

 

A adxudicación do servizo de recollida de lixo polos vindeiros 16 anos, prorrogables por dous máis, enfronta á UXT co concello de Poio. O sindicato denuncia que as condicións do contrato son á baixa, e é que a empresa Ascán, preadxudicataria, rebaixou a 600 mil os 800 mil euros recollidos no prego.

Para os sindicalistas, o concello de Poio está a actuar de xeito hipócrita. E é que consideran que actúan de xeito contrario á ideoloxía de esquerdas que defende o BNG, partido que goberna no municipio.

Denuncian, ademais, que a concesión se baseou unicamente en criterios economicistas. Por iso advertiron que responsabilizarán ao alcalde Luciano Sobral de calquera conflito con motivo da adxudicación a Ascán.

Dende a UXT reclaman o rescate da concesión para que o servizo volva ser público.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/recollida_lixo_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/recollida_lixo_poio.mp4{/flowplayer}