O Concello ultima o expediente para a contratación do servizo de Auga

Pontevedra> O Concello de Pontevedra ultima o expediente de contratación do servizo municipal de Auga. Unha iniciativa que inclúe 14,5 millóns de euros en saneamento. Un mínimo que permitirá abordar o saneamento das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André e Verducido. O concello de Pontevedra ultima o expediente de contratación do servizo municipal da Auga que incorpora importantes novidades respecto á concesión vixente e que inclúe importantes investimentos e vantaxes para os veciños de Pontevedra. O voceiro do Goberno subliñou que calquera empresa que opte ao novo contrato terá que facer un investimento mínimo de 13 millóns de euros e pagar un canon ao concello de 1.5 millóns polo uso da red, diñeiro que tamén será destinado ao saneamento segundo informou Raimundo González. Un contrato mediante o cal a empresa adxudicataria asumirá o mantemento das fontes públicas, os contadores, as acometidas de auga e da rede de sumidoiros. Unha nova que Raimundo González daba a coñecer na Xunta de Goberno Local, onde se aprobou a instalación de 53 lombos en Mourente á empresa EC Casas por un importe de máis de 134 mil euros. En relación a infraestructuras o voceiro do Goberno Local informou alcalde de Pontevedra e Presidenta da Deputación asinarán sendos convenios de colaboración para a contrucción da rontonda de Príncipe Felipe e para sacar adiante o tramo da ronda Leste, dende o Marco ata Montecelo.