Pontevedra racha coas previsións e despide xullo cun 65% de ocupación hotaleira

PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra rompe con todos os prognósticos de ocupación para o mes de xullo. Os establecementos hostaleiros acadaron o 65%; 17 puntos por riba do esperado. Agora dende a Deputación agardan que a tendencia se manteña en agosto. As previsións sitúan a ocupación neste mes no 71%.

Xullo deixa un balance mellor do agardado en materia turística. Finalmente os datos de ocupación hoteleira superaron en 17 puntos as estimacións iniciais, pechando o mes cun 65%.

Isto respecto das previsións, pero a tónica se mantivo tamén se tomamos o ano pasado como referencia nas principais comarcas e vilas. Así, no Salnés acadouse o 74%, 23,7 puntos máis que o ano pasado. En Pontevedra o dato mellorouse en 25,7 puntos, ata o 71%. Destaca Sanxenxo, que acadou o 77% da ocupación.

En canto ao perfil dos visitantes, son principalmente de fóra de Galicia e do resto do Estado. Destacan Madrid, Barcelona, Biscaia e Asturias. A cifra de estranxeiros segue a ser menor.

Agora dende a Deputación agardan que esta tendencia se manteña no mes de agosto. Segundo datos do Observatorio da administración provincial superarase o 71% de ocupación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí